viernes, 26 de agosto de 2016

Cambia, todo cambia

Dende pequena sentín que tiña un don para as sementes. 
Tocoume ser a filla da raiña das flores. 
Estaba segura que eu mesma era unha semente e que a base de regala, tratala con amor, expoñela ó sol, á lúa, as estrelas... 
fariame mais forte ata chegar a ser unha árbore cambiante coma as estación. 
Sempre brillei na primaveira por aquelo que din que o sangue altera, 
namoreime perdidamente no verán o ver que podías parar o tempo dos reloxos, 
emigrei no outono como unha folla que voa co vento de cores terra despois dun quereme non me quere, 
e déuseme por chorar no inverno sendo un ceo de orballo o pensarme desnuada baixo o frio galego. Son ciclo, ciclos en forma de espiral. 
Descubrín os olores da atracción, o tacto dos escalofríos, os bicos do rocío da mañán, os cantares da respiración mentres durmes e logo de sentirme con todos esos poderes, 
visionei a luz que levas dentro, que ten o brillo que xusto falta nas miñas sombras.


Alita, Carballo

Pino Daniele - Chi ten o mare

2 comentarios:

  1. Un gusto pasar por tu blog. Un abrazo!
    te invito a visitar el mío.
    http://andreszuniga-escritor.blogspot.com.ar/

    ResponderEliminar
  2. Un gusto pasar por tu blog. Un abrazo!
    te invito a visitar el mío.
    http://andreszuniga-escritor.blogspot.com.ar/

    ResponderEliminar